Gertrude Atherton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1857 San Francisco, Estados Unidos de América |
Morte | 14 de xuño de 1948 (90 anos) San Francisco, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Cypress Lawn Memorial Park (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
Ocupación | novelista, guionista, escritora de non ficción, escritora, autora |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | George H. Bowen Atherton (1876–1887) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Atherton, Gertrude Franklin) Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , Obálky knih, |
Gertrude Franklin Horn Atherton, de solteira Gertrude Franklin Horn, nada en San Francisco o 30 de outubro de 1857 e finada o 14 de xuño de 1948 na mesma cidade, foi unha escritora norteamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu e viviu en California toda a súa vida, casou con George Atherton cando só tiña 19 anos e con el tivo dous fillos. Ao seu home disgustáballe que escribise, e a publicación en folletín da súa primeira novela, The Randolphs of Redwoods (1882), aínda que ía sen sinatura, escandalizou a toda a familia.
Logo da morte do seu home en 1887, comezou a súa verdadeira carreira de escritora, escribiu 60 libros e numerosos artigos, a súa primeira novela con sinatura publicouna en 1888, What Dreams May Come, aínda que baixo o pseudónimo de Frank Lin.
As súas novelas amosan heroínas cunha vida moi independente, sen dúbida unha reacción á súa vida de casada. As súas novelas máis coñecidas son The Californians (1898) The Splendid, Idle Forties (1902), The Conqueror (1902) e Black Oxen (1923).